Velaí unha nova oportunidade para celebrar o mar, a terra, a nosa cultura e as nosas xentes. Celebrarase este sábado e domingo, días 4 e 5 de maio, en Torreboredo, A Estrada, unha nova edición da Feira do mar en terra. Dous días de interesante programación nos que tamén teremos ocasión de falar da Nova Ardentía, da memoria de Luís Rei e do patrimonio marítimo. Beizón aos organizadores desta iniciativa tan singular e fermosa!