O Concello do Grove anuncia o acto de Entrga do I Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei.

O pasado mes e decembro coñeceuse o fallo do xurado para o I Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei. O traballo galardoado é da autoría de Helena Domínguez García, Doutora en Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, con mención Filoloxía Galega, na Universidade de Vigo. Leva o título Cons, touzas e petóns: talasonimia da Ría de Arousa. Trátase dun traballo de onomástica en que se recollen os nomes do mar xenéricos da Ría de Arousa e a talasonimia da Illa de Arousa e do arquipélago dos Guidoiros.

Culturmar-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial estivo representada no xurado do Premio por Susana Sánchez Aríns, e o compañeiro do consello de redacción de Nova Ardentía, Francisco Fernández Rei, tamén formou parte do equipo encargado da selección do traballo gañador.

O acto de entrega deste premio, dotado con mil cincocentos euros, terá lugar na Casa da Cultura, Manuel Lueiro Rey, no Grove, o vindeiro día 7 de febreiro, ás 20.00 horas.

Tagged , , , ,