Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Memorial Luís Rei (I)

Agosto 11 de19:00 a21:30

A conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Luís Rei inclúe actos de homenaxe en dúas datas próximas, o 11 e o 15 de agosto, na que foi a súa vila natal, O Grove. O memorial está organizado polo Grupo Etnográfico Mascato e conta coa colaboración da Asoc. Dorna Meca; Culturmar; a Galería Besada; a Asoc. Os Amigos do Quinteiro; e Bloque Nacionalista Galego do Grove.

O luns día 11:

Ás 19 horas no cemiterio do Grove terá lugar o primeiro dos actos deste memorial. Neste caso, especialmente programado para a participación de familiares, amizades e camaradas.

A continuación, ás 20:30 horas, na Galería Besada, terá lugar un acto de presentación do número 17 da revista Nova Ardentía na que o legado de Luís segue a ser peza fundamental. Neste acto están previstas as intervencións de Iria Fernández, directiva de Culturmar, Manolo Parada, primeiro presidente de Dorna Meca; Eduardo Parada, presidente da Asoc. Dorna Meca; Francisco Fernández Rei, Emilio Ínsua, Sole Rei, Rosa M. Fernández Otero e Antón Mascato, da revista Nova Ardentía e o Grupo Etnográfico Mascato.

Memorial_Luís_Rei_Programa