
Na pasada fin de semana, na Biblioteca Rocha Peixoto, da Pòvoa de Varzim, tivo lugar un acto no que foi presentada a Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar. O acto foi introducido polo xornalista Abel Coentrão e contou coa intervención de Antón Mascato, membro do Consello de Redacción da nosa revista.
Logo dun detallado relato arredor dos obxectivos, funcionamento e actividades da entidade galega que acolle ás diversas asociacións que traballan entre nós polo desenvolvemento da cultura do mar e os rios, Antón Mascato, tivo palabras de recoñecemento e memoria de quen foi membro do consello de redacción de Nova Ardentía dende o primeiro número, Ivone Baptista, sendo presentado ao auditorio quen vai asumir o traballo que dende Portugal desenvolvía a falecida Ivone, labor que asume, dende o vindeiro número, Abel Coentrão. A emoción do pasamento da compañeira Ivone, convive en nós coa ledicia de darlle a benvida ao novo compañeiro na redacción, Abel Coentrão.

