O evento celebraráse en Rianxo, no Auditorio municipal, o día 31 de xullo ás 20 horas e contará coas intervencións de Emilio X. Ínsua, Antón Mascato, Manuel Lara e Rosa Fernández Otero, todos integrantes do consello de redacción da revista.
Organizado pola A.C. Dorna Illa de Arousa e a Casa de Rosalía, ao día seguinte, dende o porto da mesma vila de Rianxo, sairá a Inchadiña que recalará en Vilarello (Valga) e sairá de aquí cara a Padrón ás 16:30 onde ten previsto chegar ás 20 horas.
Non vos perdades a cita!