O Concello de O Grove publica o Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei

Onte, 1 de outubro, saíron publicadas as bases da Primeira Edición do Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei. Este premio establécese co propósito de honrar a figura de quen foi peza esencial na valorización da cultura marítima e fluvial de Galicia, primeiro coordinador da redacción da revista Ardentía e como indica o preámbulo das bases do premio, unha autoridade no coñecemento de figuras tan relevantes como o poeta Ramón Cabanillas, ou o agrarista Basilio Álvarez, como así o acreditan os seus traballos biográficos ao seu redor.

A convocatoria estará aberta ata o 15 de novembro e vai dirixida a calquera persoa física que presente un traballo orixinal e inédito, en galego, vinculado co patrimonio e a cultura marítima e fluvial e/ou a súa recuperación ou vinculado coa Historia e Cultura de O Grove e O Salnés.

A Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial designará a unha persoa para formar parte do xurado que estará integrado por outras catro persoas designadas polo Concello de O Grove.

O premio está dotado con 1500€ para os que o Concello fará uso de fondos de fondos do “Plan Máis Provincia” da Deputación Pronvincial de Pontevedra.

Dende a Nova ardentía desexamos animar á concorrencia de cantos máis e mellores candidatos e candidatas mellor.

Para ter máis información e descargar as bases: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/10/01/2024065158

Tagged , , , , ,