cultura fluvial

  1. eventos
  2. cultura fluvial

Views Navigation

Navegación de vistas de Evento

Hoxe

Nova Ardentía #16 presentarase na VI Semana Cultural, O noso mar, en Cambados

Como parte da programación da Semana Cultural, O Noso Mar, celebrarase na praza de Fefiñáns o evento de presentación do número 16 da revistad de cultura marítima e fluvial. O acto contará coas intervencións sobre a revista de Emilio Ínsua, Francisco Fernández Rei e Rosa Fernández Otero, e co recitado de poemas sobre o mar […]

Presentación de Nova Ardentía #16 no Centro Cívico de Canido, Ferrol

A presentación do novo número da revista de cultura marítima e fluvial de Galicia terá lugar no Centro Cívico de Canido, na rúa Poeta Pérez Parallé s/n. O número recén publicado leva o título de Oficios de escuma. A presentación correrá a cargo de Antón Mascato, Roberto Santos, Vicente Irisarri e Manuel Lara.

O estaleiro de Purro, en Bueu, acollerá a presentación de Nova Ardentía #16

Como parte da programación das Festas do Carme do Concello de Bueu, o número 16 da revista editada pola Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial, Nova Ardentía, será presentado nun acto previsto ao mediodía do 15 de xullo. Está previsto que nel interveñan a Concelleira de Cultura deste Concello, Carmen García; Lidia Neves García, […]

Nova Ardentía #16 preséntase tamén en Goián

O acto de presentación terá lugar no Centro Goianés en Goián o vindeiro sábado día 21 de setembro ás 20 horas. Contará coas intervencións de Helena Pousa, Rosa Fernández Otero e Emilio Xosé Ínsua, todos eles membros do consello de redacción da publicación.