Como parte da programación das Festas do Carme do Concello de Bueu, o número 16 da revista editada pola Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial, Nova Ardentía, será presentado nun acto previsto ao mediodía do 15 de xullo. Está previsto que nel interveñan a Concelleira de Cultura deste Concello, Carmen García; Lidia Neves García, presidenta da Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos; Arturo Sánchez Cidrás e José Manuel do Pazo Enteza, como colaboradores da revista; e, finalmente Emilio Xosé Ínsua como coordinador da mesma.