Como parte da programación da Semana Cultural, O Noso Mar, celebrarase na praza de Fefiñáns o evento de presentación do número 16 da revistad de cultura marítima e fluvial. O acto contará coas intervencións sobre a revista de Emilio Ínsua, Francisco Fernández Rei e Rosa Fernández Otero, e co recitado de poemas sobre o mar polo académico Anxo Angueira.