Acto de entrega do II Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei

Como xa anunciaramos nesta mesma sección e mes de decembro do pasado ano, o traballo de Maria de los Ángeles Verea Castelo sobre o desenvolvemento da industria cerámica de construción en Vilalonga (Sanxenxo) resultou ganador da Segunda Edición do Premio de Investigación e Cultura Marítima, Luís Rei.

O vindeiro día 27, venres, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, no Grove, celebraráse o acto de entrega deste galardón, que tan importante consideramos dende a Nova Ardentía. Agardamos que non esmorezan os esforzos por poñer en valor o traballo arredor da cultura marítima e este premio en particular, que honra a memoria de Luís Rei Núñez.

Tagged , , , ,